domingo, 14 de junio de 2020
BERENPIZZA
Berenpizza para cear!
Materiais:
-Papel de forno
-Culler
-Bandexa para forno
Ingredientes:
- 2 berenxenas
- Salsa de tomate
- Mozzarella
- Champiñóns
- Atún, aceitunas
- Tomate cherri
Descrición:
Coa axuda dun adulto da familia laminamos a berenxena , a colocamos sobre o papel de forno na bandexa e empezamos por engadir a salsa de tomate, de seguido o queixo e o resto de ingredientes ( como se fose unha pizza ). por último forneamos ata que a berenxena esté feita.
Todos/aS á mesa! A cea está lista!
PIZARRA BORRABLE
Taboleiros de pintar borrables
Obxetivos:
- experimentar coas cores
- reforzar a coordinación óculo-manual
- reforzar o vocabulario das cores
- desenvolver a psicomotricidade fina
Materiais:
- cartón
- rotulador permanente negro
- pintura
- cinta transparente de embalar ou forro
Realización:
1-debuxar no cartón o debuxo que se queira, o que máis lle guste o neno co rotulador permanente
2-cubrir todo o cartón cunha capa da cinta de embalaxe transparente, asegura a cinta pola parte superior do taboleiro
3-xa está listo para pintar con diferentes cores..despois limpiamolo cunha toallita húmeda e xa estaría listo para volver a pintar….
MATE-FROITAS
Cortar, agrupar e facer series partindo da froita na merenenda.
Obxectivos:
- Progresar na adquisición de hábitos e actitudes de hixiene .
- Realizar, de maneira cada vez máis autónoma, actividades cotiás e tarefas sinxelas como pelar e lavar a froita.
- Discriminar as semellanzas e diferenzas das distintas froitas, a cor, o tamaño.
- Establecer relacións entre as distintas froitas e agrupalas.
- Crear diferentes seriacións.
- Favorecer no desenvolvemento da psicomotricidade fina.
- Fomentar o desenvolvemento do pensamento lóxico.
Materiais:
- Froita variada
- Paliños de brochetas
Descrición: aproveitando o momento da merenda podemos realizar, coa froita, varias actividades. Agrupar por tamaño, agrupar con semellanza, agrupar por a mesma cor, agrupar por texturas… Podemos realizar series: por exemplo, laranxa, plátano, laranxa, plátano… , lavar a froita e introducir a froita nos paliños de brochetas.
CASIÑAS DE PÁXAROS
CASIÑAS DE PÁXAROS
Obxetivos:
- Coñecemento de distintos tipos de paxaro
- Axudar a que os nenos/as comprendan a importancia e coidado dos animais
- Fomentar o amor, coidado e respecto pola natureza
- Desfrutar do momento en familia
Materiais: Cartón de leite baleiro, tesoiras, temperas, pegatinas ou decoración que queirades poñer.
Desenvolvemento:
1º Facer un pequeno burato no cartón de leite
2º Pintar e decorar como máis vos guste
3º Meter un pouco de palla dentro do cartón
4º Colocar no exterior
jueves, 11 de junio de 2020
CUENTO: VALERIA Y SU SOMBRA
ACTIVIDAD
Escribir nuns pedaciños de cartón / cartulina os nosos medos e corealos da cor que nos guste , unha cor que nos recorde a alguén ou a algo importante .
Para finalizar podemos facer un mural cos pedaciños que pintamos.
FACEMOS UN TELLADO VERDE
PRECISAMOS:
- Unha caixa
-Papel de cociña
-Plástico transparente
-Lentellas
-Moita imaxinación!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)