Cortar, agrupar e facer series partindo da froita na merenenda.
Obxectivos:
- Progresar na adquisición de hábitos e actitudes de hixiene .
- Realizar, de maneira cada vez máis autónoma, actividades cotiás e tarefas sinxelas como pelar e lavar a froita.
- Discriminar as semellanzas e diferenzas das distintas froitas, a cor, o tamaño.
- Establecer relacións entre as distintas froitas e agrupalas.
- Crear diferentes seriacións.
- Favorecer no desenvolvemento da psicomotricidade fina.
- Fomentar o desenvolvemento do pensamento lóxico.
Materiais:
- Froita variada
- Paliños de brochetas
Descrición: aproveitando o momento da merenda podemos realizar, coa froita, varias actividades. Agrupar por tamaño, agrupar con semellanza, agrupar por a mesma cor, agrupar por texturas… Podemos realizar series: por exemplo, laranxa, plátano, laranxa, plátano… , lavar a froita e introducir a froita nos paliños de brochetas.