martes, 21 de abril de 2020

ENGLISH AT HOME

Ola familias! queremos proporcionarvos aquí unha proposta de actividades para que os nenos e nenas de Educación Infantil realicen dende casa durante os días que dure a cancelación das clases lectivas. 

"Amanda e os seus amigos". Este é o material para reforzar os contidos que están traballando eles na clase de inglés. Amanda 1 (3 anos), Amanda 2 (4 anos), Amanda 3 (5 anos).
Fai clic na imaxe e entra no apartado de "Student's Access". Non é necesario que vos rexistredes, se non o fixestes previamente, a editorial con motivo da situación actual proporcionounos uns datos de acceso universais (usuario: richmond2020 / contrasinal: richmond). Probablemente nalgunha ocasión vos pida o contrasinal 3 veces, facédeo, logo xa vai ben.


"Game Center", xogos baseado no vocabulario do mundo de "Amanda and Friends" , non precisas estar rexistrado pero si debes ter activado Flash player, que como sabedes non está xa operativo en todos os navegadores. Exclusivo para ordenador.


"Super Simple Songs", un montón de divertidas cancións infantís en inglés que poderás cantar e bailar.

 A profe Ana
anamariacabaleiro@edu.xunta.es