viernes, 17 de abril de 2020

IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO!!

Este ano, máis que nunca, temos que celebrar o día do libro, porque os contos están axudando aos pequenos a desconectar desta realidade que non lles gusta, a pasalo ben, a vivir aventuras, a viaxar, acoñecer xente, e moito máis.  Pero familias, necesitamos da vosa axuda.
So tes que disfrazar un dos contos que tedes na casa, dun personaxe dos que aprecen neles. Non ten que ser do conto que escollas para disfrazar. Este so é un soporte sobre o que vades deixar a súa imaxinación voar. 
Ese conto poderá ser a persoa ou personaxe que ti queiras:  un zombi, un monstruo, unha fada, unha científica, un músico, un astronauta, etc.  Sorprendenos coa túa creatividade.
Terán que construír o personaxe, logo os adultos facedelle una foto e enviarlla ao teu titor ou titora ou a este correo electrónico mevalle@galicia.com.

Aquí vos deixamos un conto xa disfrazado:



Animádevos e celebremos xuntos este día. Compartindo as nosas creacións imos crear sorpresas e provocar moitos sorisos. 

QUEDÉMONOS NA CASA.